Día: 26 e 27 de outubro de 2013.
Hora de saída: 5:00 h. do sábado.
Hora de chegada: 21:30 h. aproximadamente do
domingo.
Lugar de saída e
chegada: Vilar do Colo.
Sábado: Senda “el ARcediano”
Ficha técnica:
Situación: Parque Nacional de los Picos de Europa.
Municipios
cércanos: Soto de Sajambre, Amieva.
Distancia: 16,5 km.
Tempo: 5h. 25 min.
Punto de saída: Soto de Sajambre (925m)
Punto de chegada: Amieva (605m)
Dificultade
(M.I.D.E.): 2-1-2-3
Desnivel de ascenso: 550 m.
Desnivel de
descenso: 900 m.
Cota máxima: 1540 m.
Cota mínima: 605 m.
Itinerario:
Soto de Sajambre-Valdelosciegos-Los
Collaos-Collada de Beza-Portilla del
Tarabicu-Pondemones-Toneyu-Sabugo-Curies-Les Valleyes-Collado de Angón-Amieva.
Descrición da
rota:
A Senda do Arcediano chegou a ser
unha das vías de comunicación máis importante entre o oriente asturiano e a
Meseta. No século X coñecíase como Vía Saliámica, nome relacionado co seu máis
que probable orixe romano. O seu actual nome data do século XVIII, cando D.
Pedro Díaz de Oseja, Arcediano de Villaviciosa e natural de Sajambre reserva no
seu testamento partidas destinadas á reparación e mantemento da ruta. O camiño
discorre dende o Porto do Pontón ata as inmediacións de Cangas de Onís,
cruzando ao seu paso os bosques sajambriegos e as malladas do concello de
Amieva.
Ao longo do percorrido pódense
disfrutar algúns dos máis sorprendentes paisaxes dos Picos de Europa. Espesos
bosques da faias e carballos, extensas praderías e acolledores pobos contrastan cos cumios
próximos do Macizo Occidental dos Picos de Europa. Ao longo da rota o camiñante
descubrirá lugares de incomparable beleza, como a pradería e carballeiras de
Verrunde, a Pica Ten, Os Collaos, o collao de Beza, as malladas de Saugu e
Toneyo, e pobos como Oseja, Soto e Amieva.
Camiño lineal, ben sinalizado, que
partindo dende o pobo de Soto de Sajambre vai en continuo ascenso ata a
Portilla de Tarabicu, dende onde poderemos disfrutar dunha fermosa vista do
Macizo Occidental o Cornión e a Cordilleira Cantábrica. A partir de aquí,
discorre todo o trazado en descenso ata chegar á collada de Angón e de aí a
Amieva, final da etapa.
Domingo: Vega de Enol
Ficha técnica:
Distancia: 5 km.
Dificultade: Baixa.
Descrición da
rota.
É unha rota circular pola cal
pasaremos tanto polo Lago Enol como polo Lago Ercina. Estes lagos son de orixe
glaciar formados a partir da acumulación de masas de xeo no período cuaternario
e que mantiveron o seu nivel freático.
Para facer esta rota sairemos de
aparcadoiro de Buferrera, con dirección ao Lago Enol, e máis grande en
superficie e máis profundo (ata 25m.) e non permite o desenrolo de vexetación
interna, polo que a súa vez non ten case presencia de aves acuáticas. Logo
chegaremos á Ermida del Buen Pastor, e chegamos a Vega de Enol, onde unha gran
pradería esténdese ante os nosos ollos, despois iremos ao Monte Palomberu, unha
vez que o atravesemos chegaremos a Vega Bricial, na cal formase un lago ou
lagoa temporal, este é o terceiro lago de Covadonga, e está alimentado por unha
espectacular cascada denominada polos veciños como “ La Meona”, pero só se
forma en época de desxeo. Antigamente toda a vega era un gran lago, este lago
podería ser permanente si se taponasen as fallas e sumidoiros que hai no seu
fondo, que se forman de maneira natural.
Cando ten auga é grande e fermoso.
Logo de pasar Vega Bricial atravesamos
a vella mallada de pastores de Las Reblagas, onde podemos deternos para
contemplar os patos salvaxes. E por fin chegamos ao Lago Ercina, que ten moi
pouca profundidade (2,5 m.) e de forma alongada, e o que se atopa a maior
altitude. Nel poden verse durante todo o ano algunhas poboacións de aves acuáticas
como fochas e patos reais, que se alimentan da vexetación acuática que crece
dende o fondo a escasa profundidade. Logo atravesaremos a Vega de Tiese e subiremos ao Miradoiro de Entrelagos dende
onde pódese divisar os dous lagos o Enol e o Ercina, e por fin regresaremos ao
aparcadoiro, non sen antes parar a tomar un café no restaurante do Lago Ercina.
prezo
85€ por persoa, este prezo inclúe os
monitores acompañantes, o transporte, os seguros obrigatorios, a durmida no
Hotel “Casa Fermín” en Cangas de Onís, en réxime de aloxamento e almorzo.
O xantar do sábado haberá que levalo
da casa.
A cea do sábado e o xantar do
domingo non está incluído no prezo.
O viaxe será directo a Cangas de
Onís onde pararemos tres cuartos de hora onde podemos aproveitar para mercar
pan e tomar un café.
Inscrición
Poderá facerse a inscrición chamando
ao número de teléfono 667 232 513 ata o día 20 de outubro.
O pago farase no mesmo número de
conta na que se viña facendo ata o de agora.
Para calquera aclaración ou consulta
non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Rógase que a persoa que teña pensado acudir
a ruta, que se anote o antes posible para poder facer a reserva de habitacións
no hotel.
O número de prazas é de 30.

No hay comentarios:
Publicar un comentario