Día: 9 e 10 de novembro de 2013.
Hora de saída: 7:00 h. do sábado.
Hora de chegada: 20:00 h. aproximadamente do
domingo.
Lugar de saída e
chegada: Vilar do Colo.
Sábado: Rota do río pequeno
Ficha técnica:
Situación: Serra do Courel.
Distancia: 16 km.
Tempo: 6h.
Dificultade: Media
Descrición da
rota:
O río Pequeno, ten unha lonxitude de
preto de 10 km. Dende o seu nacemento en Pedrafita do Courel e a súa
desembocadura no Lor en Seoane, as augas do río Pequeno corren entre soutos,
campos de cultivo, devesas e aldeas de pedra, madeira e lousa (algunhas das
cales habitadas, outras só trazos do pasado).
Parte do carreiro que vai atravesar
foi ata ben entrado o século XX, a única forma de comunicación entre os pobos
que se instalaron en busca de protección das montañas e á localidade de Seoane.
Soutos centenarios, sequeiros
abandonados, aldeas agora silenciosas, campos aínda traballados e fervenzas que
recórrense nesta rota circular. Ó val do río Pequeno forma parte dunha das
rutas máis recoñecidas do Courel.
A rota comeza en Seoane e lévanos ao
longo dos seus 16 km. a través dos ditos bosques, ás veces con vellas casas de
pedra, por monte baixo e pequenas aldeas. Pasaremos polos pobos de Paderne e
Mercurín. O camiño e pouco concorrido.
Domingo: mina da toca
Ficha técnica:
Distancia: 2.5 km.
Dificultade: Baixa.
Descrición da
rota.
As explotacións auríferas da Toca e
Torubio, baseábanse no sistema de “ruína montium”, a base de subir a auga ata
as vetas de mineral por un enleado sistema de canles e facela baixar polos
túneles escavados previamente. Este é o mesmo procedemento que se utilizaba nas
famosas minas leonesas das Medulas no Bierzo.
A mina da Toca está situada no monte
comunal entre os pobos de Piñeira e Vilela, municipio de Folgoso do Courel. A
mina atópase sobre a crista dunha escarpada falla que se eleva máis de 250 m.,
en vertical, da marxe dereita do regato de Vilela, na súa desembocadura no río
Lor. O relevo do terreo circundante é crebado e abrupto, con altos cumes e
estreitas e fondas gargantas, polas que
discorren infinidade de regatos alimentados coa auga do desxeo.
É unha explotación aurífera romana
ao descuberto na que se aprecia con nitidez como para o seu aproveitamento
seguíronse os filóns de cuarzo aurífero incrustados na rocha de xisto
cristalino. O ouro atópase nos filóns de cuarzo transversais ao eixo da mina
(os paralelos a el son estériles). Estes filóns auríferos foron intensamente
explotados por Roma, como o demostran as explotacións próximas de Torubio
Oeste, Torubio Leste, Millares e Monte Barreiro: En total, nas cinco
explotacións, removéronse uns 2.700.000 m3 de rocha, deles, 800.000
m3 foron na Mina da Toca.
Esta rota comeza cunha subida ata
chegar á aldea de Piñeira, onde atopamos un panel informativo de As Capelas, á
beira da capela de San Vicente. Desde este punto proseguimos en moderado
ascenso ata a Mina da Toca, onde atopamos o panel informativo da mina. Dende
aquí pódese observar na ladeira de diante a mina de Torubio Oeste. Despois de
bordear a mina pola vertente sur-oeste, comezaremos o descendo ata a aldea de
Piñeira.
Prezo
47€ por persoa, este prezo inclúe o
transporte, os seguros obrigatorios, a durmida no Albergue do Folgoso do Courel,
en réxime de aloxamento e almorzo. Neste albergue hai roupa de cama e toalla de
baño, polo cal non fai falla levalas da casa.
O xantar do sábado haberá que levalo
da casa.
A cea do sábado e o xantar do
domingo non está incluído no prezo.
Para a cea do sábado a organización
levará unhas empanadas, unhas bandexas de fiambre, pan, auga, cervexa e gasosa,
esto vai a escote. E a maiores o que queira levar algo da casa será benvido.
O domingo o que queira poderá comer
no Restaurante “Anduriña” en Seoane, o comedor o temos reservado para o grupo,
o prezo do menú é 10€, o que queira comer ten que avisar no momento de
apuntarse, para reservar o número de comensais.
O que queira pan fresco para o
xantar da rota poderá collelo en Seoane, polo cal o que queira pan ao
inscribirse avisar que pan quere para encargalo con antelación.
Inscrición
Poderá facerse a inscrición chamando
ao número de teléfono 667 232 513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 31 de outubro.
O pago farase no mesmo número de
conta na que se viña facendo ata o de agora.
Para calquera aclaración ou consulta
non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Rógase que a persoa que teña pensado acudir
a ruta, que se anote o antes posible para poder facer a reserva de habitacións
no albergue.
O número de prazas é de 32.
Importante
Hai que levar:
·
Calzado e roupa de montaña.
·
2 bastóns por persoa.
Nota
Se o día da ruta o tempo non nos deixa
facela, haberá outras rutas alternativas.
Tamén podedes visitar o noso blog avvmontefaro.blogspot.com.es, onde
atoparedes a información da rota e as fotos das que fixemos anteriormente.
