Día: 22 de Febreiro de 2014.
Hora de saída: 7:00h.
Hora de chegada: 18:30 h. aproximadamente.
Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.
Tempo (Couce- Aranga): 4h.
Dificultade: Media
DESCRICIÓN DA ROTA
Para comezar chegaremos a Xestoso sobre as 8:00 h onde pararemos a
tomar un café durante uns 30 min (tempo estimado). Logo iremos nos
desprazaremos en bus durante uns 10 min ata chetar a ermida de San
Vitorio para visitar a mesma e tamén a famosa pisada de Roldán (un
personaxe lexendario que deixou a súa pisada ao baixar do seu cabalo
cando perseguía a dúas irmáns mouras)
Posteriormente nos desprazaremos outros 10 min en bus ata Couce
(Cambás) onde comezaremos a rota.
Chegada a Aranga 13:30 aprox onde poderemos cambiarnos de roupa (que
previamente deixaríamos no bus)
Visitaremos a igrexa de Aranga e posteriormente iremos a comer ao
restaurante “Rebordelo” en Monfero, a comida está prevista para
as 14:30 h.
O
menú consistirá en :
- Sopa de cocido.
- Un bo cocido.
- Bebidas.
- Postre.
- Café e chupito.
RECOMENDACIÓNS
- Mochila con roupa e calzado para cambiarse ao final da rota (quedará no bus)
- Pequena mochila con tentempé e bebida.
- Roupa flexible e cómoda
- Calzado de agarre
IMPORTANTE
Levar un par de calcetins, escarpins ou calzado para mollalo, pois
teremos que atravesar un río e teremos que descalzarnos, levar tamen
unha pequena toalla para secarse.
PREZO
25€ por persoa, que se recaudarán no restaurante, este prezo
inclúe viaxe en bus, comida e seguros obrigatorios.
INSCRICIÓN
Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667
232 513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com
ata o día 14 de febrero.
Para calquera aclaración ou consulta non dubidedes en poñervos en
contacto connosco.
Rógase que a persoa que teña pensado acudir a ruta, que se
anote o antes posible para poder facer a reserva no restaurante.
O número de prazas é de 55.








































