lunes, 15 de abril de 2013



RUTA FRAGAS DO EUME


Día: 27 de Abril de 2013.

Hora de saída: 9:00 h.

Hora de chegada: 19:00 h. aproximadamente.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

DESCRICIÓN DA RUTA

    Pararemos un rato a tomar un café antes de comezala ruta.
    Comezaremos a camiñar no Camping de Monfero - Polín - As Centrais - Caaveiro (pararemos a comer) - O Parrote - Camping de Monfero.
     Dificultade media.
    O camiño vai estar mollado polo que recomendamos levar polainas e calzado de reposto, si se quere pódese levar roupa tamén, que quedaría no bus.
     Temos que levar comida, pararemos na Cantina de Caaveiro para comer onde podemos mercas as bebidas, café, ...

PREZO

     10€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte e os seguros obrigatorios.

INSCRICIÓN

    Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 24 de abril.
     O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
     Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.


lunes, 11 de marzo de 2013

RUTA O BARQUERO-BARES


Día: 23 de Marzo de 2013.

Hora de saída: 8:30 h.

Hora de chegada: 18:00 h. aproximadamente.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

DESCRICIÓN DA RUTA

    Esta ruta transcorre polo cabo de Estaca de Bares, dentro dunha antiga ruta romana coñecida como Camiño Real. Son 4 horas de percorrido ao longo de aproximadamente 10 km. por sendeiros con distintos desniveis, recorrendo zonas de asfalto, grava, terra,...
    Nela poderemos admirar a marabillosa paisaxe marítima da zona máis setentrional da Península Ibérica, con fortes cantís, mar embravecido e praias case salvaxes.
    A ruta empezariámola en O Barqueiro e remataríamos en calquera punto de Bares.
    É unha ruta de dificultade media, más que nada polas subidas que temos nada máis comezar.
   Ao finalizar a ruta comeremos no Barqueiro no restaurante "O Relojes" e no transcurso do xantar falaremos sobre o futuro das noas rutas polos Picos de Europa e outras.
    O menú consiste en callos, carne asada, bebida, postre, café e chupito. Se alguén non pode comer este menú, habería a posibilidade de cambialo por sopa e merluza.

PREZO

     35€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte, a comida nun restaurante e os seguros obrigatorios.

INSCRICIÓN

     Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ata o día 18 de marzo.
     O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
     Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.