lunes, 11 de marzo de 2013

RUTA O BARQUERO-BARES


Día: 23 de Marzo de 2013.

Hora de saída: 8:30 h.

Hora de chegada: 18:00 h. aproximadamente.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

DESCRICIÓN DA RUTA

    Esta ruta transcorre polo cabo de Estaca de Bares, dentro dunha antiga ruta romana coñecida como Camiño Real. Son 4 horas de percorrido ao longo de aproximadamente 10 km. por sendeiros con distintos desniveis, recorrendo zonas de asfalto, grava, terra,...
    Nela poderemos admirar a marabillosa paisaxe marítima da zona máis setentrional da Península Ibérica, con fortes cantís, mar embravecido e praias case salvaxes.
    A ruta empezariámola en O Barqueiro e remataríamos en calquera punto de Bares.
    É unha ruta de dificultade media, más que nada polas subidas que temos nada máis comezar.
   Ao finalizar a ruta comeremos no Barqueiro no restaurante "O Relojes" e no transcurso do xantar falaremos sobre o futuro das noas rutas polos Picos de Europa e outras.
    O menú consiste en callos, carne asada, bebida, postre, café e chupito. Se alguén non pode comer este menú, habería a posibilidade de cambialo por sopa e merluza.

PREZO

     35€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte, a comida nun restaurante e os seguros obrigatorios.

INSCRICIÓN

     Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ata o día 18 de marzo.
     O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
     Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario