Día: 29 e 30 xuño de 2013.
Hora de saída: 5:00 h. do sábado.
Hora de chegada: 21:00 h. aproximadamente do
domingo.
Lugar de saída e
chegada: Vilar do Colo.
Descrición da ruta
Sábado:
Dende os lavadoiros de Tielve
colleremos o camiño que ascende hacia os invernais de Rieses, a zona coñecida
como “La Bolera de los Chulos”, e finalmente a mallada de Valfríu.
Atravesaremos a mallada e sairemos con dirección á Cruz de Entrejanu, onde
xiraremos á esquerda e de forma ascendente ata chegar ao Collau Posadoriu,
desde onde hai unha boa vista de Valfríu, a Peña Maín e parte dos tres macizos
que integran os Picos de Europa. Sairemos do collado Pelliteru, onde teremos
unha marabillosa vista do río Duje e de todo o Macizo Central. Do Pelliteru
partimos en dirección das malladas de Umardo, Tambrín e o Jornal; ao saír da
última mallada atoparemos un pequeno bosque de faias e no camiño xa se pode ver
o empedrado da calzada en zig-zag por un aciñeiral que nos conducirá ao Collau Castiellu. Neste
punto remata a calzada e segue un bosque de castaños e un camiño de terra ata o
barrio de Cares, onde a 600 m. de Arenas de Cabrales rematará a ruta.
Desnivel: 500m de
subida e 1.100 de baixada
Dificultade: media
Duración: 6 horas.
Domingo:
Subiremos dende Poncevos ao pobo de
Bulnes, cunha duración estimada de 3 horas.
Prezo
85€ por persoa, este prezo inclúe os
monitores acompañantes, o transporte, os seguros obrigatorios, a durmida no
Hotel “Naranjo de Bulnes” en Arenas de Cabrales, e o almorzo do domingo.
O xantar do sábado haberá que levalo
da casa.
A cea do sábado e o xantar do
domingo non está incluído no prezo.
Na viaxe de ida faremos unha parada
técnica na área de servicio de Avilés, onde poderase coller pan ou senón cando
cheguemos a Arenas de Cabrales.
Importante
Hai que levar:
- Calzado e roupa de montaña.
- 2 bastóns por persoa.
Nota
Se o día da ruta o tempo non nos
deixa facela, haberá outras rutas alternativas.
Inscrición
Poderá facerse a inscrición chamando
ao número de teléfono 667 232 513 ata o día 22 de xuño.
O pago farase no mesmo número de
conta na que se viña facendo ata o de agora.
Para calquera aclaración ou consulta
non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Rógase que a persoa que teña pensado
acudir a ruta, que se anote o antes posible para poder facer a reserva de
habitacións no hotel.
O número de prazas é de 30.