martes, 11 de junio de 2013

RUTA CALZADA ROMANA DE CAORU: TIELVE-PORTUDERA-ARENAS





Día: 29 e 30 xuño de 2013.

Hora de saída: 5:00 h. do sábado.

Hora de chegada:  21:00 h. aproximadamente do domingo.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.


Descrición da ruta

Sábado:
            Dende os lavadoiros de Tielve colleremos o camiño que ascende hacia os invernais de Rieses, a zona coñecida como “La Bolera de los Chulos”, e finalmente a mallada de Valfríu. Atravesaremos a mallada e sairemos con dirección á Cruz de Entrejanu, onde xiraremos á esquerda e de forma ascendente ata chegar ao Collau Posadoriu, desde onde hai unha boa vista de Valfríu, a Peña Maín e parte dos tres macizos que integran os Picos de Europa. Sairemos do collado Pelliteru, onde teremos unha marabillosa vista do río Duje e de todo o Macizo Central. Do Pelliteru partimos en dirección das malladas de Umardo, Tambrín e o Jornal; ao saír da última mallada atoparemos un pequeno bosque de faias e no camiño xa se pode ver o empedrado da calzada en zig-zag por un aciñeiral  que nos conducirá ao Collau Castiellu. Neste punto remata a calzada e segue un bosque de castaños e un camiño de terra ata o barrio de Cares, onde a 600 m. de Arenas de Cabrales rematará a ruta.

Desnivel: 500m de subida e 1.100 de baixada
Dificultade: media
Duración: 6 horas.

Domingo:
            Subiremos dende Poncevos ao pobo de Bulnes, cunha duración estimada de 3 horas.

Prezo

           85€ por persoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte, os seguros obrigatorios, a durmida no Hotel “Naranjo de Bulnes” en Arenas de Cabrales, e o almorzo do domingo.
            O xantar do sábado haberá que levalo da casa.
        A cea do sábado e o xantar do domingo non está incluído no prezo.
           Na viaxe de ida faremos unha parada técnica na área de servicio de Avilés, onde poderase coller pan ou senón cando cheguemos a Arenas de Cabrales.


Importante

            Hai que levar:
  •    Calzado e roupa de montaña.
  •    2 bastóns por persoa.

Nota

            Se o día da ruta o tempo non nos deixa facela, haberá outras rutas alternativas.


Inscrición

            Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667 232 513 ata o día 22 de xuño.
            O pago farase no mesmo número de conta na que se viña facendo ata o de agora.
            Para calquera aclaración ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
            Rógase que a persoa que teña pensado acudir a ruta, que se anote o antes posible para poder facer a reserva de habitacións no hotel.
            O número de prazas é de 30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario