sábado, 1 de junio de 2013

FOTOS DA SERRA DO SUEVE


Aqui estamos quentando os motores antes de empezala ruta.








E unha vez que xa estiramos todos os músculos, despois dun longo viaxe en bus, comezamos a ruta.






Un alto no camiño para repoñer forzas e mirar a paisaxe.







E aqui foi cando descubrimos que non estamos sós, senon que nos estaban a vixiar ...




E seguimos camiñando e camiñando...








Outro alto no camiño para repoñer forzas.






E continuamos coa ruta.










Cuidadin, cuidadin que nos seguen vixiando






Unha paradiña para logo seguir disfrutando do camiño.











Como en toda boa excursión hai que facer unhas fotos de grupo






E agora é cando chega o mellor das rutas,... o papeo e a xolda.










Nesta foto no farei comentarios, cada un sabe o que fai, fixadevos nas caras de algúns.




O pasamos de medo xogando coma cativos






E seguimos coa ruta ata chegar ao final.










Onde toca repoñer forzas.






viernes, 3 de mayo de 2013


RUTA SERRA DO SUEVE. ASCENSIÓN OPCIONAL AO PIENZU.


Día: 25 e 26 de Maio de 2013.

Hora de saída: 5:00 h. so sábado

Hora de chegada:2 9:00 h. aproximadamente do domingo.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

DESCRICIÓN DA RUTA

       Os 1.160 m. do seu punto culminante, o Pienzu, álzanse maxestosos sobre o mar. Nas súas faldras atoparemos gamos e asturcóns, inmersos nunha paisaxe kárstico, sempre verde e máxico, con espineres (espino albar), teixos, acivros e faias. A ruta que imos facer, ten o seu inicio no Alto da Llama (416m), comezamos a subida por pista, chegamos a Espineres (790m), pasamos polas inmediacións do Pienzu con ascensión opcional (1.160m) e baixamos ao Mirador do Fitu (597m) onde nos espera o autobús.
         En resumo unha travesía integral pola Serra do Sueve.
         O domingo temos a posibilidade de facer unha ruta ou unha visita cultural e turística

         Distancia: 14 km.
         Desnivel: 744m de subida // 563m de baixada
         Duración: 5 - 6 horas
         Dificultade subxectiva: Media
         M I D E - 2 2 2 3

PREZO

        85€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte, os seguros obrigatorios, a cea do sábado, a durmida no Hotel "La Marina" en Ribadesella e o almorzo do domingo.
         O xantar do sábado haberá que levalo da casa, e o domingo temos a posibilidade de facelo no mesmo hotel ou facelo cada un pola súa conta, en calquera caso non está incluído no prezo.

INSCRICIÓN

    Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 16 de maio.
     O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
     Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.

lunes, 15 de abril de 2013



RUTA FRAGAS DO EUME


Día: 27 de Abril de 2013.

Hora de saída: 9:00 h.

Hora de chegada: 19:00 h. aproximadamente.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

DESCRICIÓN DA RUTA

    Pararemos un rato a tomar un café antes de comezala ruta.
    Comezaremos a camiñar no Camping de Monfero - Polín - As Centrais - Caaveiro (pararemos a comer) - O Parrote - Camping de Monfero.
     Dificultade media.
    O camiño vai estar mollado polo que recomendamos levar polainas e calzado de reposto, si se quere pódese levar roupa tamén, que quedaría no bus.
     Temos que levar comida, pararemos na Cantina de Caaveiro para comer onde podemos mercas as bebidas, café, ...

PREZO

     10€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte e os seguros obrigatorios.

INSCRICIÓN

    Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 24 de abril.
     O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
     Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.