RUTA SERRA DO SUEVE. ASCENSIÓN OPCIONAL AO PIENZU.
Día: 25 e 26 de Maio de 2013.
Hora de saída: 5:00 h. so sábado
Hora de chegada:2 9:00 h. aproximadamente do domingo.
Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.
DESCRICIÓN DA RUTA
Os 1.160 m. do seu punto culminante, o Pienzu, álzanse maxestosos sobre o mar. Nas súas faldras atoparemos gamos e asturcóns, inmersos nunha paisaxe kárstico, sempre verde e máxico, con espineres (espino albar), teixos, acivros e faias. A ruta que imos facer, ten o seu inicio no Alto da Llama (416m), comezamos a subida por pista, chegamos a Espineres (790m), pasamos polas inmediacións do Pienzu con ascensión opcional (1.160m) e baixamos ao Mirador do Fitu (597m) onde nos espera o autobús.
En resumo unha travesía integral pola Serra do Sueve.
O domingo temos a posibilidade de facer unha ruta ou unha visita cultural e turística
Distancia: 14 km.
Desnivel: 744m de subida // 563m de baixada
Duración: 5 - 6 horas
Dificultade subxectiva: Media
M I D E - 2 2 2 3

PREZO
85€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o transporte, os seguros obrigatorios, a cea do sábado, a durmida no Hotel "La Marina" en Ribadesella e o almorzo do domingo.
O xantar do sábado haberá que levalo da casa, e o domingo temos a posibilidade de facelo no mesmo hotel ou facelo cada un pola súa conta, en calquera caso non está incluído no prezo.
O xantar do sábado haberá que levalo da casa, e o domingo temos a posibilidade de facelo no mesmo hotel ou facelo cada un pola súa conta, en calquera caso non está incluído no prezo.
INSCRICIÓN
Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ou na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 16 de maio.
O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario