ROTA A FONSAGRADA
Día: 24 de maio de 2014.
Hora de saída: 7:00h.
Hora de chegada: 21:00 h. aproximadamente.
Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.
Dificultade: Media
Distancia: 15 quilómetros.
DESCRICIÓN DA ROTA
Tramo Liñares de Bidul – Riodeporcos
Tramo A Fornaza -
Ponte de Vilabol
É
unha rota no Concello da Fonsagrada, na que teremos a oportunidade de
transitar por antigos camiños e sendeiros contemplando aldeas
abandonadas, magníficos bosques con vexetación mediterránea,
especialmente bosques de Sobreiras (Alcornoques) e Albedros
(Madroños), antigas construccións tradicionais como adegas e
ferrerías. Tamén teremos a oportunidade de contemplar os fermosos
meandros que forma a cola do encoro de Grandas de Salime dende o
miradoiro da Fornaza.
Este
miradoiro ofrece unha vista digna de calquera postal. Un conxunto de
montañas trenzan as súas abas ata unilas nunha única liña,
marcada polo río Navia. Este enclave non falta en ningunha guía
turística do municipio.
A
rota está dividida en dous tramos: o primeiro dende Liñares de
Bidul ao encoro de Grandas de Salime á altura de Riodeporcos, e, o
segundo, dende a Fornaza ata a ponte de Vilabol. Entre un tramo e
outro iremos en autobús ata o miradoiro da Fornaza.

Os
dous tramos son moi distintos paisaxísticamente falando. Dende
Liñares de Bidul collemos un camiño que sae a esquerda en dirección
leste. Ao comenzo, os nosos pasos discorren por un bo camiño que
atravesa monte baixo, que ao pouco convertese nun sendeiro
descendente de bastante pendente. Máis adiante atopamos as ruínas
do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e bosque
autóctono. Continuamos por un sendeiro de laxe bastante esvaradío,
que atravesa varios soutos e regatos pasando xunto a os restos de
antigas corripas. No fondo do val atopamos unha casa habitada
temporalmente e que posúe unha fonte. Seguimos o sendeiro á dereita
que discorre ao largo do río Marbondo. Pasamos por restos dunha
vivenda e chegamos a estrada, onde colleremos á esquerda ata a
entrada da pista con indicador a Riodeporcos. Alí esperaremos ao
autobús, que nos subirá ata o miradoiro de A Fornaza.
O
segundo tramo parte de A Fornaza baixando polo camiño ata o río
Navia, alí atopamos restos de antigos fornos de fundición férrea e
unha casa chamada da Dirección.
Dende
aquí, camiñaremos preto do río empregando o antigo “Camiño da
República”, feito a man nos anos 30 e 40 co fin de unir A
Fonsagrada con San Antolín de Ibias.
Despois
de pasar a desembocadura do río Suarna no Navia chegaremos aos
restos da antiga ferrería de Vilar de cuiña é unha das
emblemáticas da montaña lucense. Foi construída en 1793 e estivo
activa ata finais do século XIX. As súas instalacións complétanse
con dúas casas para empregados e unha capela. O conxunto foi
expropiado cando se proxectou o Gran Suarna. A artir da ferrería nos
internaremos no desfiladeiro que forma o río Suarna po un sendeiro
espectacular que remata na Ponte de Vilabol.
RECOMENDACIÓNS
- Botas axeitadas, podemos encontrar lama no camiño.
- Levar auga, na ruta só hai unha fonte para repoñela.
- Polainas no caso de que as herbas estean molladas pola choiva, sobretodo no primeiro tramo.
- Dous bastóns ou similar, posto que no primeiro tramo hai pedras soltas no camino.
PREZO
22€
por persoa, este prezo inclue viaxe en bus, e seguros obrigatorios.
INSCRICIÓN
Poderá
facerse chamando ao número de teléfono 667 232 513 ou na dirección
de correo electrónico avvmontefaro@gmail.com
ata o día 19 de maio.
O
pago farase no mesmo número de conta na que se viña facendo ata o
de agoraPara calquera aclaración ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Rógase que a persoa que teña pensado acudir a ruta, que se anote o antes posible.
O número de prazas é de 55.





.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)