Día: 31 de agosto de 2013.
Hora de saída: 7:00 h.
Hora de chegada: 21:00 h. aproximadamente.
Lugar de saída e
chegada: Vilar do Colo.
Descrición da ruta
Os muiños do Folón e do Picón: (5 km. dificultade media)
Dispostos en cascada ao longo do Campo do Couto os muiños de O Folón e O Picón constitúen un conxunto de interés cultural e etnográfico. Facendo uso da forza da auga que baixaba polo monte, estas construccións usábanse para moer millo e trigo. Ademais, neles traballábanse o lino e a la. A súa estructura divídese en dúas partes: o "termiñado" ou piso superior, e o "sarteio", espacio no que se xeraba a forza motriz que movía o muiño.
Os muros presentan marcas de diversa natureza: nomes, iniciais, datas e cruces destinadas a protexer o muíño. Algunhas realizáronse polos canteiros que traballaron na súa construcción. Outras atribúense aos seus donos ou arrendatarios.
Segundo unha inscripción o máis antigo é do ano 1702, aínda que o funcionamento destas instalacións está documentado dende o século XVII. A súa existencia neste emprazamento relacionalse coa influencia dos monxes do Mosteiro de Santa María de Oia. Algúns muíños eran dos veciños, en réxime de pripiedade veciñal, outros eran de particulares ou compartidos por varias familias, e tamén os había alugados.
No ano 1991 iniciáronse os traballos de recuperación e restauración dos muíños e o seu entorno. O primeiro paso foi dado polos alumnos da Casa de Oficios. E en 1996 o Concello de O Rosal, a través da Escola Taller, deu un novo impulso ao proxecto. Desde 1998 gozan da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC).
Monte Aloia: (2 km. dificultade media)
Os orixes dunha muralla ciclópea alimentan o mito.
Tradicións orais sitúan aos gregos no que logo sería o Medulio, lugar onde fai dous mil anos pereceron os galegos irredentos.
Non existe constancia de que os gregos asentaranse en Tui e que o monte Aloia fose algo así como un lugar encantado e paradisíaco onde verbalizar o amor. Pero ningúen pode negar que a lenda é preciosa.
O mesmo pasa co monte Medulio ese derradeiro reducto no cal os indómitos galegos de entonces (celtas) resistiron ata o fin ante as lexións romanas. Moitas elevacións galegas reclaman para si esa honra, pero probas non hai.
O que si hai é unha muralla ciclópea: 1.250 metros que circundan a zona máis elevada.
A ermida de San Xiao:
No monte Aloia construíuse un templo na honra a San Xiao, alargado e dunha soa nave, adáptase moi ben ao chan. A xente asegura que na cama do Santo non medra a herba. Esa cama atópase moi preto da ermida, é unha roca a ras do chan na que repousou o corpo sen vida dese santo que foi martirizado precisamente nese monte.
Nese monte visitaremos os miradoiros que o rodean e parte da muralla ciclópea , ademais da ermida de San Xiao. Se da tempo visitaremos tamén a rota botánica que ten só uns 400 metros.

Pola maña faremos a rota dos muiños, ao remate dirixiremonos ao Monte Aloia para xantar, onde temos dúas opcións: comer de bocata xa que hai moitas zonas de recreo e fermosas fontes para coller auga e mesmo unha santa de augas cristalinas, ou xantar de restaurante, xa que mesmo a carón da ermida de San Xiao temos un restaurante (merendeiro) con posiblilidade de comer no interior se chove.
PREZO
22€ por pesoa, este prezo inclúe os monitores acompañantes, o
transporte e os seguros obrigatorios.
INSCRICIÓN
Poderá facerse a inscrición chamando ao número de teléfono 667232513 ou
na dirección de correo avvmontefaro@gmail.com ata o día 28 de agosto.
O pago farase no mesmo número de conta na que se viña fancendo ata o de agora.
Para calquera aclaración ou consulta no dubidedes en poñervos en contacto connosco.



























































































































