sábado, 10 de mayo de 2014

Rota A Fonsagrada


ROTA A FONSAGRADA

Día: 24 de maio de 2014.

Hora de saída: 7:00h.

Hora de chegada: 21:00 h. aproximadamente.

Lugar de saída e chegada: Vilar do Colo.

Dificultade: Media

Distancia: 15 quilómetros.


DESCRICIÓN DA ROTA


Tramo Liñares de Bidul – Riodeporcos                                   
 
 
 
 
 
  Tramo A Fornaza - Ponte de Vilabol





É unha rota no Concello da Fonsagrada, na que teremos a oportunidade de transitar por antigos camiños e sendeiros contemplando aldeas abandonadas, magníficos bosques con vexetación mediterránea, especialmente bosques de Sobreiras (Alcornoques) e Albedros (Madroños), antigas construccións tradicionais como adegas e ferrerías. Tamén teremos a oportunidade de contemplar os fermosos meandros que forma a cola do encoro de Grandas de Salime dende o miradoiro da Fornaza.

Este miradoiro ofrece unha vista digna de calquera postal. Un conxunto de montañas trenzan as súas abas ata unilas nunha única liña, marcada polo río Navia. Este enclave non falta en ningunha guía turística do municipio.

A rota está dividida en dous tramos: o primeiro dende Liñares de Bidul ao encoro de Grandas de Salime á altura de Riodeporcos, e, o segundo, dende a Fornaza ata a ponte de Vilabol. Entre un tramo e outro iremos en autobús ata o miradoiro da Fornaza.







 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Os dous tramos son moi distintos paisaxísticamente falando. Dende Liñares de Bidul collemos un camiño que sae a esquerda en dirección leste. Ao comenzo, os nosos pasos discorren por un bo camiño que atravesa monte baixo, que ao pouco convertese nun sendeiro descendente de bastante pendente. Máis adiante atopamos as ruínas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e bosque autóctono. Continuamos por un sendeiro de laxe bastante esvaradío, que atravesa varios soutos e regatos pasando xunto a os restos de antigas corripas. No fondo do val atopamos unha casa habitada temporalmente e que posúe unha fonte. Seguimos o sendeiro á dereita que discorre ao largo do río Marbondo. Pasamos por restos dunha vivenda e chegamos a estrada, onde colleremos á esquerda ata a entrada da pista con indicador a Riodeporcos. Alí esperaremos ao autobús, que nos subirá ata o miradoiro de A Fornaza.

O segundo tramo parte de A Fornaza baixando polo camiño ata o río Navia, alí atopamos restos de antigos fornos de fundición férrea e unha casa chamada da Dirección.

Dende aquí, camiñaremos preto do río empregando o antigo “Camiño da República”, feito a man nos anos 30 e 40 co fin de unir A Fonsagrada con San Antolín de Ibias.

Despois de pasar a desembocadura do río Suarna no Navia chegaremos aos restos da antiga ferrería de Vilar de cuiña é unha das emblemáticas da montaña lucense. Foi construída en 1793 e estivo activa ata finais do século XIX. As súas instalacións complétanse con dúas casas para empregados e unha capela. O conxunto foi expropiado cando se proxectou o Gran Suarna. A artir da ferrería nos internaremos no desfiladeiro que forma o río Suarna po un sendeiro espectacular que remata na Ponte de Vilabol.
 
 
RECOMENDACIÓNS

  • Botas axeitadas, podemos encontrar lama no camiño.
  • Levar auga, na ruta só hai unha fonte para repoñela.
  • Polainas no caso de que as herbas estean molladas pola choiva, sobretodo no primeiro tramo.
  • Dous bastóns ou similar, posto que no primeiro tramo hai pedras soltas no camino.
 
PREZO

22€ por persoa, este prezo inclue viaxe en bus, e seguros obrigatorios.

INSCRICIÓN


Poderá facerse chamando ao número de teléfono 667 232 513 ou na dirección de correo electrónico avvmontefaro@gmail.com ata o día 19 de maio.
O pago farase no mesmo número de conta na que se viña facendo ata o de agora
Para calquera aclaración ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Rógase que a persoa que teña pensado acudir a ruta, que se anote o antes posible.

O número de prazas é de 55.